“Quen pon datos persoais na Rede ten dereito a recuperalos"

Viviane Reding, comisaria europea, explica a futura política sobre protección da privacidade
EL PAÍS

Viviane Reding, vicepresidenta da Comisión Europea responsable de Xustiza, Dereitos Fundamentais e Cidadanía, presenta este mércores en Bruxelas un plan para que os cidadáns poidan exercer ao máximo o seu dereito á protección de datos persoais. A lexislación vixente remóntase a 1995, cando apenas era perceptible a porcentaxe de información que era telecomunicada.

Recomendacións á sociedade galega co gallo do Día da Protección de Datos

Os enxeñeiros informáticos apostan por unha cidadanía consciente das oportunidades e dos riscos da Internet
Recomendacións do CPEIG a Prol da Protección de Datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) está a difundir na presente semana unha serie de recomendacións con motivo do Día da Protección de Datos, que se celebra este sábado 28. Mediante ese conxunto de suxestións, o colexio avoga pola concienciación dos galegos e galegas en materia de seguridade na Rede.

O CPEIG considera do máximo interese que a sociedade galega "tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos". Baixo esa premisa, o ente colexial elaborou un conxunto de recomendacións que fai público para contribuír á construción dunha sociedade da información na que a cidadanía debe ser consciente de todas as oportunidades e dos riscos que lles ofrece a Internet.

O DOG publica o Decreto de creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica

A AMTEGA integrará os recursos humanos e orzamentarios da área TIC de todas as consellerías

Logotipo da Xunta de GaliciaO Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 16 de xaneiro o Decreto de creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e os seus estatutos. Nun prazo máximo de dous meses terá lugar a sesión constitutiva do consello reitor da Amtega, o que implicará a súa entrada en funcionamento.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia consolida un modelo de xestión integrado das TIC na Administración autonómica, que permitirá unha maior eficiencia e unha redución de gasto ao integrar os recursos humanos, materiais e orzamentarios da área tecnolóxica de todas as consellerías e diferentes entidades departamentais da Xunta baixo unha mesma dirección e con custe cero.

«Nun mes teremos o plan de internacionalización do sector»

Gerardo Crespo, presidente do Cluster TIC Galicia, quere que as firmas galegas busquen negocio en Latinoamérica e o leste de Europa co apoio da Xunta
Gerardo Crespo Riestra, presidente do Clúster TIC en Galicia

O obxectivo de Gerardo Crespo Riestra (A Coruña, 1961) é conseguir que o clúster que preside desde o 4 de novembro sexa vertebrador en Galicia do sector TIC (tecnoloxías da información e da comunicación), transformándoo «nun modelo de cooperación entre empresas que manteñan ao tempo a competitividade».

-Que retos márcase para a súa etapa á fronte do clúster?

-Aglutinar o gran esforzo que fan por promover o sector organizacións como Ametic, Ineo Eganet, Agasol ou Agestic, que constituíron o clúster no 2010. O noso primeiro reto vai ser internacionalizar o sector.

Enquisa da AEPD sobre protección de datos na contorna de Cloud Computing

A Axencia Española de Protección de Datos terá aberta esta Consulta Pública ata o vindeiro 27 de Xaneiro
Logotipo de la Agencia Española de Protección de Datos (APD)A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) lanzou unha Consulta Pública sobre protección de datos na contorna de Cloud Computing, e convídate a participar nela:

A Computación en Nube é hoxe unha realidade en auxe. Diversos estudos reflicten que cada vez máis entidades públicas e privadas desde grandes multinacionais até pequenas empresas de ámbito local e Administracións Públicas utilizan sistemas de Computación en Nube nalgunha das súas modalidades. 

A AEPD e o CCII asinan un convenio de colaboración

O convenio de colaboración ten por obxecto estender, facilitar e contribuír á consolidación o coñecemento da protección de datos

A AEPD e o CCII asinan un convenio de colaboraciónA Axencia Española de Protección de Datos e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática asinan un convenio de colaboración, que ten por obxecto estender, facilitar e contribuír á consolidación o coñecemento da protección de datos e o cumprimento dos dereitos e deberes que comporta dentro do colectivo de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática.

O convenio, que terá unha vixencia de dous anos, establece un marco de cooperación polo que ambas as entidades se comprometen, entre outras iniciativas, ao desenvolvemento de accións de difusión, promoción e divulgación da protección de datos no ámbito dos Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática.

O CPEIG ten desde esta mañá unha nova xunta de goberno

A nova xunta de goberno traballará pola mellora dos estudos, a formación continua dos colexiados e a informática verde
Xunta de goberno elexida o 10 decembro do 2011

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ten desde esta mañá unha nova xunta de goberno que velará polos intereses das 325 persoas colexiadas, polos estudos e a profesión informática. O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a xuntanza na que se produciu a proclamación da única candidatura presentada ás eleccións.

"Hai quen relaciona o número de contactos coa popularidade"

"A primeira recomendación é que os usuarios teñan moito coidado co que publican, que non publiquen nada do que poidan arrepentirse posteriormente"

La Opinión A CoruñaAs redes sociais poden converterse nunha contorna perigosa no que os menores son os máis vulnerables. O físico electrónico Ignacio Carou pronunciou onte unha conferencia na Fundación Barrié na que advertiu de que, aínda que está prohibido que os menores de 14 anos usen estas ferramentas de comunicación, basta con mentir sobre a data de nacemento para violar esta norma. Pensar ben antes de publicar, agregar como amigos só a coñecidos e facilitar os datos imprescindibles son medidas que minimizan os riscos.

Carta ao director da Voz de Galicia remitida polo CPEIG

Publicada o pasado venres 18 de novembro co título Problema burocrático, non fallo informático

Símbolo do CPEIGPrezado director de La Voz de Galicia:

Unha vez máis, un medio de comunicación, neste caso o que vostede ten a responsabilidade de dirixir, bota man da expresión "fallo informático" para encubrir a incapacidade das institucións e organismos que gobernan os nosos destinos para manter os datos dos cidadáns seguros, exactos e postos ao día. Na noticia do pasado día 4 de novembro titulada Un error informático deja en tierra al más viejo lobo de mar, ponse en evidencia que a responsabilidade é humana e que o tan usado concepto "fallo informático" resulta ser unha vía de escape para que alguén ou algo, neste caso o Instituto Social da Marina, non asuma a responsabilidade que lle corresponde.

INEO e o CPEIG alíanse para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia

Ambas as entidades reforzan a súa cooperación mediante un convenio de tres anos de duración que contribuirá ao desenvolvemento das TIC en Galicia

Símbolo do CPEIGAsociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e ComunicaciónINEO, Asociación Multisectorial TIC de Galicia, acaba de selar unha alianza co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co obxectivo de impulsar actuacións específicas conxuntas que contribúan ao fomento da Sociedade da Información e desenvolvemento do TIC na Comunidade.

Os presidentes de INEO, Jorge Cebreiros Arce, e do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, acaban de asinar un convenio de colaboración, polo que ambas as entidades reforzan os seus lazos de cooperación durante o próximos tres anos.

O CPEIG aborda a Lei Sinde nas conferencias do Ateneo de Santiago

O presidente do CPEIG ofrecerá unha charla o vindeiro luns, ás 20.00 horas na Fundación Caixa Galicia
Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, pronunciará o vindeiro luns, día 14, a charla Lei Sinde. Mitos e lendas sobre as descargas en Internet, convidado polo Ateneo de Santiago.

A sede da Fundación Caixa Galicia acollerá a conferencia a partir das oito do serán.

O colexio organiza a III Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Ao evento están convidados diversas personalidades da Administración Pública e do ámbito universitario, entre outras.

Símbolo do CPEIG

A Terceira Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia terá lugar, baixo a presidencia do Sr. Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, o vindeiro día 28 de outubro, ás 20.15h, no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Actuará como monologuista e presentador do acto Miguel Lago.

O CPEIG falla os Premios Proxecto Fin de Carreira e Comunicación Informática

O CPEIG recoñece a Daniel Fernández Núñez, da UDC, co Premio Proxecto Fin de Carreira e o xornal electrónico Código Cero na modalidade Comunicación.
Foto Daniel Fernández Núñez

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de fallar os seus premios Fin de Carreira e Comunicación Informática. Daniel Fernández Núñez, orixinario do Barco de Valdeorras, resultou gañador da segunda convocatoria do Premio Proxecto Fin de Carreira, polo seu traballo Deseño e Implementación dun MOM (Message Oriented Middleware) Escalable en Java para Aplicacións Financeiras, mentres que o diario tecnolóxico Código Cero, que dirixe Xosé María Fernández Pazos, resultou merecedor da modalidade Comunicación Informática.

A metade dos adolescentes galegos usa internet sen supervisión

O Valedor do Pobo cre que canto menor é o coñecemento e o uso da rede por parte dos pais, menor tende a ser o control sobre os fillos

Logotipo La Voz de Galicia

 Máis da metade dos adolescentes galegos navega por internet sen control dos seus pais e o 80 % nunca discutiu con eles sobre ese asunto, segundo os resultados do informe Adolescentes e internet en Galicia presentado polo Valedor do Pobo. O informe tamén sinala que 5,9 % dos adolescentes do país teñen unha «posible dependencia» cibernética e que 18,7 % presenta un «risco elevado» de dependencia.

O CPEIG celebrará a Terceira Noite da Enxeñaría en Informática o vindeiro 28 de outubro

Profesionais, empresariado e cargos institucionais compartirán unha cea de gala e de reivindicación da profesión

Estatuíña Noite da Enxeñaría en Informática

 Os membros do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarán o seu encontro anual o vindeiro día 28 de outubro. A Terceira Noite da Enxeñaría en Informática é unha xuntanza na que o interese común da defensa da Informática reunirá unhas 300 persoas no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

A celebración da gala inclúe a entrega dos premios que anualmente concede o CPEIG, nesta ocasión coa novidade do galardón Comunicación Informática e o recoñecemento á Facultade de Informática da Coruña polo seu 25 aniversario.

O CPEIG organiza o Curso de Peritaxes Informáticas e Informática Forense de 2011

O curso terá lugar os días 4, 5, 11 e 12 de novembro na EGAP en Santiago de Compostela

Peritaxe xudicial informático. Un enfoque práctico

 Seguendo o seu programa de actividades formativas, o CPEIG organiza o Curso de Peritaxes Informáticas e Informática Forense de 2011. Este curso está destinado á formación de peritos informáticos e capacita aos seus participantes para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP). O listado de peritos do COP é remitido polo Colexio anualmente a todos os xulgados de Galicia, que usan esa lista para seleccionar os peritos informáticos xudiciais que precisan.

O CPEIG colabora coa Xunta no Plan Formativo Ofimático de Galicia

Membros do colexio elaboraron os contidos dos cursos de acreditación de competencias

Logotipo da escola galega de administracións públicas (EGAP)Símbolo do CPEIGMembros do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) elaboraron os contidos dos cursos integrados no Plan Formativo Ofimático de Galicia, incluído dentro do Plan Estratéxico 2014.gal, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT). Nese plan está involucrada a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), organismo co que habitualmente colabora o CPEIG.

O CPEIG ofrece un programa de bolsas para o Máster SIC e o Máster Interuniversitario HPC

Convoca un total de cinco bolsas dirixidas ao impulso da Sociedade da Información e á arquitectura de computadores
Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de convocar tres bolsas para o Máster On-line en Sociedade da Información e do Coñecemento da USC 2010-2011 e outras dúas para o Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións HPC (High Performance Computing). A entidade colexial continúa así a súa aposta pola formación e especialización dos profesionais da informática.

Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática máis preto de pertencer ao CATSI

O Consello Asesor das Telecomunicacións e Sociedade da Información (CATSI) reuniuse onte coa intención de incorporar aos Enxeñeiros Técnicos en Informática e Enxeñeiros en Informática como membros de pleno dereito no CATSI
Logotipo do CCII

No día de onte, 5 de setembro de 2011, reuniuse en Madrid, a Comisión Permanente do Consello Asesor das Telecomunicacións e Sociedade da Información, máis coñecido como CATSI.

Entre os puntos da orde do día atopábase a modificación do RD 1029/2002, de 4 de outubro, polo que se establece a composición e réxime de funcionamento do citado Consello Asesor, para incorporar como membros de pleno dereito, un representante dos Colexios Profesionais de Enxeñeiros Técnicos en Informática e outro dos Colexios Profesionais de Enxeñeiros en Informática.

O CPEIG colabora coa EGAP na elaboración de temarios para as oposicións da Xunta

O órgano colexial coordinou os textos de apoio para as probas da escala de sistemas e tecnoloxías da información e xa están publicados na web da EGAP

Logotipo da escola galega de administracións públicas (EGAP)Símbolo do CPEIG

 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) colabora coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na elaboración dos temarios das oposicións para os grupos A1 e A2 da escala de sistemas e tecnoloxías da información. Os textos redactados baixo a coordinación do órgano colexial aparecen xa publicados na web da EGAP e poden descargarse no enderezo http://egap.xunta.es/biblioColec.php

Contratación Pública

Iniciativa do colexio

Formación recomendada

Campaña de colexiación do CPEIG

Información de interese


Sitio web recomendado

Libros do colexio







Outras novas do colexio

Outras novas da profesión